Tempos de Chuvia
Se achegan a
nós as treboadas,
pesadas
mulleres vagabundas
como negras e
temibles fadas,
que sobrevoan
o firmamento
cheas de
terribles húmidas andanadas.
Xa chegan
os fortes remuiños,
creando
manchas pardas no ceo
mentres fan
voar os liviáns niños,
e milleiros
de follas roubadas
alfombran
con ramaxe o camiño.
As
tormentas xa fan,
que os seus
raios de fogo
laman todo
o fértil chan,
como se un
xogo fose
de nenos
pillabáns.
Estes son
tempos de chuvia e vento,
cando o río
vai pronto a xear,
o ar bate
no pino e no fento
e ululando
enfebrecido
déixanos
seu lóbrego acento.
Desátanse
as forzas das sombras;
os demos
ascenden dos infernos,
e tódalas
cousas que ti nombras
semellan
monstruos arrepiantes
dos que te
amedoñas e asombras.
E na casiña
morna
polo calor
do lar
a gris
chuvia se adorna
con xestos
de benvida
ó
viaxeiro que torna.
Este lo escribí para un concurso en secundaria, más o menos en algún momento de 1997. Obviamente no gané precisamente ningún premio. ;)
ResponderEliminar