Tempos de Chuvia


Se achegan a nós as treboadas,
pesadas mulleres vagabundas
como negras e temibles fadas,
que sobrevoan o firmamento
cheas de terribles húmidas andanadas.


Xa chegan os fortes remuiños,
creando manchas pardas no ceo
mentres fan voar os liviáns niños,
e milleiros de follas roubadas
alfombran con ramaxe o camiño.

As tormentas xa fan,
que os seus raios de fogo
laman todo o fértil chan,
como se un xogo fose
de nenos pillabáns. 

Estes son tempos de chuvia e vento, 
cando o río vai pronto a xear,
o ar bate no pino e no fento
e ululando enfebrecido
déixanos seu lóbrego acento.

Desátanse as forzas das sombras;
os demos ascenden dos infernos,
e tódalas cousas que ti nombras
semellan monstruos arrepiantes
dos que te amedoñas e asombras.
 
E na casiña morna
polo calor do lar
a gris chuvia se adorna
con xestos de benvida
ó viaxeiro que torna.


Comentarios

  1. Este lo escribí para un concurso en secundaria, más o menos en algún momento de 1997. Obviamente no gané precisamente ningún premio. ;)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un mundo de tinieblas

El poder de los nombres

Tiempo de Anatemas 27: La senda de la tinta y la sombra