Camiñante Polas Sombras


            Tekla virou a dereita por unha das estreitas rúas do porto. O aire a pescado enchíao todo mentres se acercaba á pequena taberna de marñeiros. O Lobo de Mar era unha pequena fonda a escasa distancia do peirado. Un edificio baixo, cós cristais empañados pola diferencia da temperatura entre o exterior e o interior. Construida en pedra negra, como a maioría da cidade, tiña un tellado de madeira de carballo e varias pequenas fiestras no baixo e no primeiro piso.
            O home empurrou a porta e entrou na abafante taberna. Un par de enanos falaban quedamente nunha esquina, e un pequeno grupo de aventureiros charlaba animadamente nunha das mesas do centro. Tekla non chamaría a atención. Iso era bó. Medía cerca de metro oitenta, e tiña o pelo negro, igual cós ollos, e unha pequena e ganchuda nariz.
            Saludou o taberneiro, un antigo mariñeiro que había abandonado ós barcos para se establecer na cidade e estar coa súa familia, e entrou pola porta da cociña. Carlagor, pois así se chamaba o dono do establecemento, coñecíao ben dende facía cerca de dez anos. O cociñeiro facía un guiso nunha esquina, e cando o home entrou, sorriu e volveu o traballo.
            Tekla non lle saludou, e entrou por unha pequena porta que a xente diría que daba á despensa. E así era, pero non a unha despensa calqueira. Entre as carnes colgadas a secar, e os quixos e demáis alimentos das valdas, atopábase unha pequeniña porta oculta. Ninguén a tería visto de non saber que estaba alí, menos un elfo ou un eldrom[1].
            Baixou polos peldaños, iluminados tenuemente pola luz dunhas escasas e amarillentas antorchas. Abaixo, xogando ó póquer, había dous gardas. Levaban sendas espadas curtas e armaduras de coiro, ademáis dunha daga cada un. Na mesa, de carballo tamén, había varias moedas douro e outras varias de plata e cobre.
-Hola- saludou Tekla. Os gardas sobresaltáronse, non o habían ido achegarse, inda non había perdido a práctica.
-Hola, Tekla, vía tempo que non viñas por aquí, eh- respondeu o garda da esquerda, un home fornido e desaliñado que hubese pasado coma un mariñeiro calquera se non o houbeses visto coa armadura e a espada.
-¿Qué tal van as cousas por aquí, rapaces?-
-Todo ben, inda que vai uns días, un dos nosos foi descuberto pola gardia da cidade mentres roubaba nunha casa. Por certo, falando de robar, haberas pagado tódalas cuotas desque te fúches, ¿non Tekla?-
-Por suposto home- non era certo, e pola mirada do garda supo que el tamén o sabía.
-Si, e ¿Cómo pode ser iso se non ves por aquí dende vai preto dun ano?-
-De acordo, home, viña solucionar iso e uns asuntos mais agora, anda, deixádeme pasar.-
            O garda abriu a porta e o deixou entrar. “Necesito diñeiro, cando o teña volvo a deixálo”, mentres así pensaba, cruzou a porta e entrou na ilustre cofradía de Ladróns de Porto das Olas Vermellas. Outros compañeiros do oficio saludábano mentres paseaba polas estancias subterráneas do complexo en dirección ó tablón de anunciós, e el saludaba de volta.
            Si, é certo, Tekla era un ladrón. Nacido nunha familia sen diñeiro, os seus país habían costeado con dificultades o seu entrenamento coa cofradía. De xoven lle encantaba a emoción dos roubos e demáis accións coas que se sustentaban os membros da cofradía. Sen embargo, có paso do tempo, foi aborrecendo o traballo que realizaba para vivir. Un día entrou a roubar nunha casa de nobles no leste da cidade e casi o habían collido, entón decidiu utilizar o diñeiro dos botíns para comprar unha pequena tenda e vivir así sen ter que roubar máis. Sen embargo, ós ,membros da súa asociación non lles había gustado a idea de perder a un dos seus mellores homes e habían chegado ó trato de que el seguiría sendo membro sen pagar nada, ata que volvese a estar en  activo. Sen embargo a tenda foise á ruina, e Tekla necesitaba diñeiro novo, por iso volvía ó traballo que aborrecí tras varios anos de afastamento, e esta vez sabía que necesitaría máis diñeiro para deixa-lo.
            Chegou ó tablón da información, e sacou unha pequena folla de papel, para tomar nota do que se sabía do seu seguinte golpe. Decidiu que quería empezar forte, para deixa-lo canto antes, e seleccionou, no plano da cidade, a casa dun noble que vivía casi fora da cidade polo norte, e comenzou a reunir información entre as notas colocadas nos varios plazóns de corcho da parede. <<O Guque de Graisle acaba de adquirir unha copa de ouro dunhas duascentas pezas de valor.>> <<No exterior do edificio hai uns doce gardas armados con espadas, alabardas e armaduras de escamas.>> <<Hai un pasadixo de entrada no muro do leste, a poucos pasos dunha encina morta.>>
-Hola, dixéronme que habías volto, vello- Tekla se volveu e veu ó seu aprendiz, un xove duns vinte anos que tiña moito talento, ó menos cando o ladrón abandonara o gremio tres anos atras.
-Non me podes deixar tranquilo, Terrant- protestou o aludido- . Estou reunindo información sobre o meu seguinte atraco e sabes que me molesta moito que se me interrumpa.-
-¿A quen as elexido?-
-Ó Duque Graisle.-
-Moi dificil, é un traballo para un experto.-
-Recórdote que eu era o terceiro mellor cando o deixei.-
-Si, pero non tes práctica, e xa van dous dos nosos membros collidos por entrar alí.-
-Hai cousas que sempre se lembran, e non perdín a axilidade de dedos.-
-Sexa como sexa, eu non viñe aquí por iso.-
-¿E por qué se non?-
-Verás, o alumno supera ó mestre e agora son membro do consello de dirección da cofradía. Teño que dicirte que agora, a organización quédase co vinte cinco por cento do botín, e os que ofreceron información, có cinco.-
-¡O VINTE CINCO POR CENTO! ¡Iso é un roubo!- ambos riron un pouco a broma, non en vano estaban entre ladróns, e logo continuou Tekla- De todas maneiras, manteño que iso é moito.-
-Os gardas do cárcere e o consello gobernante da cidade son cada vez máis caros e difíciles de sobornar, e queremos comprar algún novo obxeto máxico para alquilar.-
-Se estou de volta o tempo suficinte, cambiarei iso.-
-Por certo, agora que volve a estar en activo, tes un novo aprendiz e débesnos unha cuota mensual, a deste mes.-
-Cando acabe con este taballo poderemos falar de negocios.-
-Moi ben, que teñas sorte.-
            O seu mellor alumno deulle a espalda e camiñou pola dirección pola que viñera, sen facer ningún ruido.
            Tekla continuou recollendo información <<Os gardas non coñecen o emplazamento do pasadizo.>> <<Os cambios de guardia son cada oito horas.>> <<O dono da casa abandona ista cada sábado ata o domingo pola noite, coa súa familia.>>
            Iso era o que necesitaba, tomou nota dos nomes dos que deran a información, para logo darlles a súa parte do botín, e foi á armería. Alí alquilou unhas GANZÚAS e unhas cantas flechas mordedoras de madeira con corda.
            Logo abandonou a sede da cofradía e voltou a casa, onde comenzou a planificalo todo, coa axuda dun mapiña que había copiado dunha folla das que había colgadas. Entraría o sábado pola noite polo pasadizo, e subiría rapidamente ó piso de arriba, onde estaba a sala do tesouro do señor da casa.
            Estivo observando o castelo ata o sabado pola tarde. Era de pedra negra, cunhas murallas duns seis metros e almenas. O edificio do interior tiña dous pisos mailo faiado, e unha torre dun piso máis no lado leste, onde durmía o duque e maila súa familia.
            Chegou a noite do sábado. Todo o equipo necesario estaba espallado por riba da cama de Tekla, agardando ser metido na mochila. Ordenouno todo con sumo coidado e ceñiuse a espada curta ó cint, de maneira que non lle estorbase. Có arco curto na mano, e vestido completamente de negro, avanzou polas rúas menos concorridas ata abandonar a cidade, que latía de axitación por non ter que traballar ó día seguinte.
Chegou ata o frontal do castelo e observou un anaco. Todo parecía normal. Iso era bó. Rodeou o castelo e aproximóuse polo leste, de maneira que as sombras e mailos obstáculos lle evitasen ser visto polos guardias, e poñendo a máxima atención en non facer ningún ruido. Chegou ata o pasadizo e empurrou a pedra que accionaría o mecanismo de apertura. Mentres esto facía, rezoulle ós Deuses para que non chirriase. Algún dos todopoderosos debeu oílo, pois o mecanismo deslizouse coma se nada, e os gardas de arriba nada oiron. Dándolle as gracias á deidad que o axudara, o ladrón deslizouse adentro e cerrou tras del. Ningún ruido. Nadie en todo o castelo sabía da súa presencia.
Recorreu o húmedo corredoiro, que ninguen tera pisado en varios anos, e pasou por debaixo do chan do Patio das Armas, onde estaban as instalacións dos gardas. Avanzou inda máis, e, ó cabo de un bo rato, o túnel comenzou a ascender. Pouco tivo que andar dende alí, ata que deun cunha porta moi ben disimulada, que abriu tirando dunha palanca.
Estaba nun dos corredores interiores do castelo. Antorchas dispostas regularmente iluminaban tenuemente a atmósfera do lugar. Tapices moi finos decoraban as paredes. “Á saída recollerei un” sentenciou o ladrón mentres avanzaba sixiloso polo pasillo, có arco listo.
Desde alí tiña que ir ó norte, e o seu sentido da dirección guiono ata unha pequena sala sen obxetivo definido. Había un garda que lle daba a espalda ó ladrón e que gardaba a porta.
Tekla avanzou ata a espalda do seu inimigo e golpeouno cunha porra que levaba enganchada ó cinto. O garda desplomouse inconsciente. A Tekla nunca lle gustara matar, sempre que podía, evitábao, e, a menudo, antes de loitar tentaba escapar.
Arrastrou o corpo contra un tapiz e sentouno, colocándolle na man unha copa e viño que atopou nunha das mesas da sala. Logo continuou pola porta de enfrente. Antes de abrir, aplicoulle o picaporte e escoitou o tintineo dunha armadura do outro lado. Mirando pola cerradura, viu que un garda facía a ronda de aquí para alí.
Cando o garda deulle a espalda, Tekla abriu a porta se facer ruido e ocultouse nunha das sombras que proyectaba a antorcha que iluminaba este tramo do pasillo. Sacou unha frecha da súa funda e tensou o arco. Sempre tivera boa puntería, e non iba fallar pola falta de práctica, non señor. Afrecha volou e a punta roma golpeou na nuca do garda, que se desplomou inconscente. “¡Deuses! ¡Qué bó son!” Chegou ata onde estaba a víctima e recolleu a frecha. Logo levou ó garda á sombra onde él se escondera e tapono coa capa vermella que levaba posta.
O corredor daba á bodega da cociña. Non había gardas, así que pasou entre os barrís e chegou ata outra porta. Abriu confiado, e as súas espectativas eran acertadas, a cociña estaba valeira. “É que a experiencia sempre se nota.” Orientándose de novo, e tras coller uns anacos de pan e un par de queixos da mesa máis achegada á porta do norte, avanzou e deu a otro pasillo. Este viraba á dereita, e o ladrón escoitou falar ó fondo. Ó achegarse viua dous gardas cunhas xarras de cerveza nas máns falando sobre as súas conquistas amorosas. Estaban bastante bébedos, e non lle foi difícil cruzr sen que o visen os dous homes.
Por fin deu á piscina. Era un patio interior que recibía o auga da chuvia e a recollía para uso dos que habitaban no castelo. Varios balcóns de madeira asomábanse ó patio, e Tekla cargou unha das súa flechas mordedoras de madeira. Unha vez que esta se clavou no balcón do primeiro piso, e deixou caer a súa corda, o ladrón trepou con facilidade. Unha vez no balcón do segundo piso, oiu un grito desde o balcón de enfrente. Era un garda, que o vira. “¡Agora empeza o emocionante!” pero non lle gustaba a idea de chegar á sala do trono do duque cós gardas detrás.
Correu polo corredor que daba á piscina e decidiu continuar pola dereita ó chegar a unha bifurcación. Asomóuse e viu que non viña ninguén, así que avanzou rápido ata unha porta que se abría a dereita e daba a unha pequena capela, pois estaba aberta. Piu a un garda venir cós pasos lentos e medidos de quen vai de ronda, e meteuse, ocultándose tralos bancos da segunda fila. Unha vez o garda pasou, volveu a sair e avanzou de novo.
O garda o viu sair e gritoulle que se detivera, pero Tekla non lle fixo caso e correu ata unha porta que se abría á dereita. Era un dormitorio amplo, cunha chimenea, unha cama con dosel, unha fiestra, unha mesiña con viño e pan, unhas escaleiras, e un cadro sobre unha cadeira. Tirando o cadro ó chan, pois non era moi bó e a situación era desesperada, bloqueo a porta coa silla e apagou o lume có viño, ocultándose logo nas sombras da chimenea, que humeou un pouco.
O garda logrou abrila porta o cabo de pouco, e entrou cunha espada longa na man. Tiña cara de can, e levantaba o escudo ben alto. Tras confirmar que non había ninguén na cama ou baixo ela, e ó non ver ó ladrón por ningures, o garda subiu polas escaleiras para ver se o escurredizo individuo tiña subido. Non era así, e cando o garda chegou ó seguinte piso, Tekla abandonou o seu refuxio e, sen facer ruido, saiu da habitación e prosegiu avanzando.
Poco tivo que andar ata ír ó garda da piscina gritando:
-¡Ladrón! ¡Hai un ladrón na casa!-
            Correu canto puido e voltou a dar coa sala da piscina. Agora todos os gardas estarían alerta. Escondeuse nun dos balcóns mentres recuperaba o resuello, pois ninguén o vira chegar. O seu corazón latía aceleradamente. “Quizá debo deixa-lo agora que podo intentar unha fuxida. ¡Bobadas! ¡Estiven en situacións peores cá esta!”
            Unha vez se houbo tranquilizado, tensou o arco e clavou a frecha no balcón do seguinte piso. Trepou pola corda que quedara colgando e díxose: “Xa estou non último piso, falta pouco.”
            Avanzou por outro estreito paillo e chegou a unha cámara abovedada. Coñecíaa porque era unha sala moi corrente nos castelos dos nobres: era a sala de espera, e, tras ela, pola porta grande, a sala de recibimento e a sala do tesouro que viña buscando. Sen embargo, dous fornidos gardas estaban listos para a loita a cada lado da porta, e outros dous estaban vixiando a entrada na sala de recibimento.
            “Agora non podo fallar” díxose mentres tensaba o arco e notaba o seu puso acelerarse. Disparou e alcanzou a un dos gardas deste lado na nuca. Os outro tres, que o viron, botaron a correr hacia el, pero tekla tumbou a un con outra frecha, e retrocedeu, mentres tiraba o arco e botaba man da espada curta.
            O primeiro garda arremeteu cun golpe de arriba a abaixo, pero Tekla saltou a un lado e golpeou ó garda no casco, que evitou calqueira ferida. O garda volveu arremeter, pero o ladrón parou o seu golpe coa espada e pegoulle unha patada na barriga, facendo que o garda se doblase en dous. Logo golpeoulle có pomo na nuca e deixouno inconsciente. Para entonces, xa chegara o outro garda, que intentou atravesa-lo coa súa arma, mais o bribón detivo a súa arremetida e saltou porriba del. O defensor non se deixou sorprender, e deuse a volta a velocidade pasmosa, alcanzando o ladrón na meixela. O foraxido saltou atrás a tempo de esquivar a arremetida do seu oponente e chegou á sala de espera. O seu contrincante seguiuno, lanzando estocadas varias e alcanzando ó fuxitivo no hombro. Unha vez na sala, trasun corte na pantorrilla, Tekla logrou librarse do garda o suficinte tempo como para se subir a unha mesa, desde a que golpeou ó garda na cara co seu pé. O garda retrocedeu trastabilando polo impacto, dándolle tempo ó ladrón a saltar e agarrarse a unha lámpada que colgaba do teito, empregándoa para golpear có dous pés ó garda, que caeu ó chan sangrando. Deixouse caer sobre el e cortoulle a correa o casco, que caeu o chan cando o garda agarrou os pés do ladrón e tirouno ó chan tamén. Ambos puxéronse en pe, mentres o garda limpábase o sangue do nariz có dorso da man.
            Enton, cunha velocidade pasmosa, ou así o manifestou a expresión do garda, Tekla amagou atacar coa espada e golpeou o garda na súa virilidade, facéndoo caer o chan chorando da dor. Logo golpeoulle na frente coa parte plana da espada e deixouno inconscente.
            Mentres recollía o tesoro da sala, bastantes moedas, o caliz e algunhas outras xoias, Tekla non puido menos que admirar a valía do seu último contrincante, pero el sempre había sido un bó guerreiro.
            Tan pronto o petate estivo cheo, Tekla asomóuse á ventá, e vendo que a maioría dos gardas atendían o exterior, e os que non facían iso corrían ó interior para busca-lo, o ladrón deixouse descolgar cunha corda pola fachada sur da casa e chegou ó chan. Unha vez alí, e sen se molestar en recoller a corda, trepou ás almenas usando as sombras e, tras desmaiar a outro garda, e mentres se lle acercaban os demáis, sesolgouse un chisco con unha das cordas dunha das frechas e saltou ó chan. Correu entón coma alma que levan os demonios e, mentres as frechas chovíanlle ó redor, chegou de novo á cidade onde se confundiu entre a xente.
            Na cofradía déronlle un bó diñeiro polo botín, e, tra-la emoción da escapada e do roubo, Tekla soubo que nunca ía dexar o seu oficio.


[1] Os eldroms son unha raza descendente dos elfos pero non tan perfecta coma estos.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un mundo de tinieblas

El poder de los nombres

Tiempo de Anatemas 27: La senda de la tinta y la sombra